A UDC e a Fundación MarÃa José Jove reúnen a máis dunha trintena de artistas e axentes culturais nun encontro sobre arte contemporánea en Galicia
A Universidade da Coruña, a través de NORMAL, o espazo de intervención cultural da UDC, e a Fundación MarÃa José Jove, a través da plataforma dixital de difusión cultural da área de Arte da Fundación MarÃa José Jove (MUV), reuniron hoxe a máis dunha trintena de artistas e axentes culturais con motivo do II Encontro: “Dentro e fóra. Arte Contemporánea en Galicia”.
Este encontro, no que se presentaron os proxectos de Berio Molina e Fuentesal Arenillas, gañadores das Residencias ArtÃsticas en 2022 e dos procesos dos residentes deste ano: Sabrina Fernández Casas e Violeta Iglesias/Diego Vites, expúxose como un espazo de debate ao redor das distintas prácticas da escena galega e os diferentes axentes que se atopan tanto dentro como fóra do noso territorio, propiciando o establecemento de redes colaborativas máis amplas.
Trátase dunha iniciativa que se enmarca no Programa de Residencias ArtÃsticas FMJJ-NORMAL creado para profundar nas relacións entre creación artÃstica, pensamento crÃtico e participación social, asà como fortalecer o contexto cultural máis próximo, promovendo proxectos de interese social vinculados á comunidade. Igualmente o programa, que en 2024, convocará a súa IV Edición, configura un marco de traballo idóneo para os artistas, facilitando a creación e a activación de diferentes liñas de investigación futuras.
Universidade da Coruña (UDC), 2023-12-20
Actualidad
Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o paÃs) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.
Notas
A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o DÃa das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o dÃa 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a BahÃa de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.