Notas de prensa

A aula de teatro do campus de Vigo levanta o pano da XIV Miteu

Dar visibilidade ao traballo que se desenvolve nas aulas teatrais dos diferentes campus da Universidade é un dos propósitos da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario, que na noite deste luns levantaba o pano da súa XIV edición en Pontevedra. Inaugurada pola vicerreitora do campus, Eva María Lantarón, a mostra botaba a andar con Incendios, unha montaxe da aula do campus de Vigo, que unha ducia de actores e actrices, na súa maioría estudantado universitario, levaron ao escenario do Teatro Principal.

Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, trátase dunha obra escrita polo escritor canadiano Wajdi Mouawad que, como recolle o seu texto de presentación, fala de “tres incendios vitais, o de Nawal, “que ponnos diante dunha vida agochada de procuras erradas e de activismo", o da súa filla Jeanne, “capaz de descadrar a vida cómoda nun polígono vital e familiar de suposta seguridade", e o de Simón, “que nos enfronta cunha vida que tamén arrastra inseguridades”.

Recuperada o pasado ano, tras máis dunha década de parón, a programación desta XIV Miteu continúa este mércores con O mundo como vontade, do grupo Cordelia do campus de Ourense, para acoller o xoves a nova obra da aula do campus pontevedrés, que baixo a dirección do responsable de Teatro de Ningures, Salvador del Río, levará ao escenario Intermitencias, unha montaxe que intercala escenas de diferentes obras coas propias achegas das e dos participantes. Promovida pola Vicerreitoría do campus coa colaboración do Concello de Pontevedra, a programación da mostra complétase a vindeira semana con dous novos espectáculos. Programados todos eles para as 21.00 horas e con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o xoves 8 poderá verse As cidades agochadas, do grupo Maricastaña da aula do campus ourensán, mentres que o venres 9 o alumnado da Universidade de Minho presentará na cidade o seu espectáculo Roleta Mortis.

Universidade de Vigo, 2023-05-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES