Notas de prensa

O Festival de Teatro da USC bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados'

O Festival de Teatro Universitario de Lugo bota o pano coa actriz Ana Esmith 'Miss Beige' como mestra de cerimonias do 'Salón dos rexeitados', logo dunha edición con 'marcado carácter social e reivindicativo', segundo puxeron de manifesto as temáticas das montaxes presentadas no auditorio Gustavo Freire polas compañías que tomaron parte na última edición deste certame.

Dito certame está organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, xestionado pola USC e tamén recibe financiamento do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Logo dunha semana de representacións, a cargo das compañías USC-Lugo e USC-Santiago, Teatro El Mayal, da Universide de León, o Grupo Maricastaña, do Campus de Ourense, e a formación sénior ‘Vaites, Vaites’, integrada por alumnado do IV Ciclo da USC na sede universitaria luguesa, a polifacética actriz Miss Beige puxo o colofón a unha semana de efervescencia dramática como mestra de cerimonias do ‘Salón dos rexeitados’.

A compañía de teatro USC-Lugo, dirixida por Andrea González, inicia este martes no Festival de Teatro Universitario de Santiago unha xira artística que lle permitirá presentar a montaxe ‘Eréndira e Aríndere’ na Miteu de Ourense e de Vigo e no Festival Universitario de León, que este ano se desenvolverá na localidade de Ponferrada.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2023-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ángel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES