Notas de prensa

A Federación de Librarías de Galicia presenta unha axenda cultural viva e 14 citas en directo

Achegar a enorme actividade das librarías galegas ao gran público, e, ao mesmo tempo, xerar acción lectora nas rúas. Estes son os grandes retos que a Federación de Librarías de Galicia enfronta neste 2023, e, para acadalos, ven de presentar, xunto coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, as dúas grandes propostas deste ano.

Por un lado, a posta en marcha dunha Axenda Cultural online que recolle a enorme actividade que as librarías galegas desenvolven ao longo do ano, dende clubes de lectura até presentacións de libros, pasando por eventos infantís ou coloquis. Esta axenda pretende ser un escaparate para todas as actividades culturais das librarías, permitindo ao público ter acceso nunha mesma web a todas as propostas culturais existentes no gremio.

“Queremos fomentar a participación da sociedade nestas actividades, aumentar a oferta de ocio nas localidades, visibilizar a labor cultural que desenvolven as librarías galegas, e ser un espazo de información e relación tamén entre as propias librarías e os seus clientes”, explicaba Ramón Dominguez, Presidente da Federación de Librarías de Galicia.

Doutra banda, o evento serviu tamén para presentar o calendario de Feiras do Libro de Galicia 2023, un proxecto que cada ano enche as rúas de diversos concellos de libros, citas culturáis e paixón lectora, e que este ano contará con 14 citas en toda Galicia, comezando o vindeiro venres 21 de abril en Ferrol, e rematando o 26 de agosto en Monforte de Lemos.

Entre medias, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, catorce citas coa lectura nas rúas, que prometen achegar a literatura a todos os transeúntes, e que pronto comezarán a desvelar os seus programas.

Calendario completo de Feiras

• Ferrol
◦ 21 - 23 de abril Praza da Constitución
• Santiago de Compostela
◦ 29 de abril - 7 de maio Paseo Central da Alameda
• Porriño
◦ 11 - 14 de maio Rúa Ramón González
• Lugo
◦ 16 – 20 de maio Praza Maior (arriba)
• Vilalba
◦ 2 – 4 de xuño Praza da Constitución
• Ourense
◦ 7 - 10 de xuño Rúa do Paseo
• Redondela
◦ 15 - 18 de xuño Alameda
• Vigo
◦ 23 - 29 de xuño Peonil do Calvario 1
• Ponteareas
◦ 13 - 16 de xullo Praza Bugallal
• Rianxo
◦ 22 – 25 de xullo Praza Castelao
• A Coruña
◦ 1 - 10 de agosto Xardíns de Méndez Núñez
• Viveiro
◦ 12- 15 de agosto Xardíns de Noriega Varela
• Foz
◦ 17 - 20 de agosto Praza de Conde Fontao
• Monforte de Lemos
◦ 23 - 26 de agosto Rúa do Cardeal

Ambos proxectos contan co finanzamento da Xunta de Galicia, cuxo Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presidiu o acto de presentación desta mañá, acompañado de Gonzalo Trenor, Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, e María Cristina Rubal, Subdirectora Xeral de Bibliotecas.

No acto estiveron tamén presentes diversos representantes dos concellos que acollerán as 14 citas das Feiras do Libro de Galicia 2023, así como representantes de Cafés Candelas, patrocinador privado dos espazos de tertulia e debate das Feiras.

Federación de Librarías de Galicia, 2023-03-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES