Notas de prensa

Investigadores de atlanTTic dirixen os avances científicos dun proxecto europeo de loita contra o cancro

Fernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo, coordinados polo centro de investigación Gradiant, ocuparanse da dirección científica do proxecto europeo Trumpet, que pretende desenvolver unha ferramenta eficaz que evite as fugas de información e perdas de privacidade.

Este é un potente concepto creado por Google en 2016, que se emprega en medicina, defensa, telecomunicacións ou farmacia. En concreto, o proxecto Horizonte Europa Trumpet (Trustworthy Multi-site Privacy Enhancing Technologies), no que tamén participan tamén Reino Unido e Israel e que conta cun investimento de cinco millóns de euros en tres anos, centrarase na loita contra o cancro e farao a través dos seus dous socios sanitarios, os hospitais oncolóxicos de Liege, en Bélxica, e de IRST-IRCCS, en Emilia-Romaña, Italia.

A aprendizaxe federada na actualidade sábese que presenta unha serie de vulnerabilidades en canto á privacidade, que impiden que os hospitais con unidades oncolóxicas poidan compartir información das e dos pacientes ao incumprir o Regulamento Xeral de Protección de Datos Europeo (General Data Protection Regulation -GDPR-). “Os algoritmos empregados hoxe en día en aprendizaxe federado para compartir información pódense reverter, tendo o risco de extraer deles datos persoais. Polo tanto, non poden ser empregados sen a axuda doutras ferramentas. O que imos facer no proxecto é concibir solucións para paliar esta vulnerabilidade”, explica Fernando Pérez-González, investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic.

Ata este momento, Trumpet celebrou a súa primeira reunión de equipo, un consorcio do que forman parte nove organizacións: dous hospitais (Centre Hospitalier Universitaire de Liège e Instituto Romagnolo per lo Studio dei Tumori Dino Amadori), tres centros de investigación (Gradiant, Commissariat à l’Énergie Atomique et aux Énergies Alternatives, e Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique), unha universidade (atlanTTic – Universidade de Vigo) e tres pemes (Time.Lex, Technovative Solutions y Arteevo Technologies).

Pioneiros en cifrado homomórfico

Os investigadores galegos foron elixidos para o proxecto, principalmente polos tres lustros que levan traballando con cifrado homomórfico, a tecnoloxía na que se comparte e traballa con información sen que o dato persoal poida ser descifrado por persoas non autorizadas. Segundo explica Fernando Pérez, “a lexislación é moi garantista co individuo e iso non o podemos perder de vista, pero si se pode chegar a un modelo que permita a compartición de datos entre hospitais porque iso melloraría a investigación en tratamentos ou axudaría na diagnose. Os algoritmos funcionan mellor cando se adestran aportando moitos datos. A función de autocompletar de Google beneficiase do adestramento con datos de centos de millóns de usuarios, e por iso é tan efectivo”.

AtlanTTic é un dos centros de investigación pioneiros en España en cifrado homomórfico, no que se centra a tese de doutoramento de Alberto Pedrouzo, porén, “trátase dun sistema custoso e complexo”, matiza o investigador, e Trumpet tratará de acadar, nos próximos tres anos, unha solución híbrida que manteña as vantaxes do cifrado homomórfico pero que gañe en velocidade e facilidade de implantación. Ademais de desenvolver mecanismos para conseguir que o procedemento sexa efectivo sen perder privacidade, os investigadores de atlanTTic deberán tamén cuantificar en que medida é vulnerable o sistema, o que se denomina métrica de privacidade, na que Pedrouzo e Pérez son expertos. “Quérese medir a filtración da privacidade para certificar o cumprimento da GDPR á hora de implementar o aprendizaxe federado”, sinala Pedrouzo.

Ampliar o foco para salvar máis vidas

Segundo a Organización Mundial da Saúde, o cancro será a primeira causa de morte en 2030 con 21,6 millóns de casos novos cada ano, de aí a urxencia de ampliar o foco ao máximo coa fin de salvar o maior número de vidas. “En investigación médica, canto máis coñecemento, máis fiabilidade e, polo tanto, máis certezas. Se se dispón de moita información para adestrar ao algoritmo, mellor”, engade Pérez.

Universidade de Vigo, 2023-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (reciclaxe_vidro.jpg) Cada galego reciclou o ano pasado unha media de 30,3 quilos de envases domésticos lixeiros e de papel-cartón, case un 3% respecto máis que o ano anterior. Estes datos enmárcanse no traballo desenvolvido pola Xunta e Ecoembes (organización sen ánimo de lucro que coordina a reciclaxe dos envases domésticos en todo o país) para mellorar o depósito, recollida e posterior recuperación deste tipo de residuos no conxunto da comunidade galega. En 2023 en Galicia recuperáronse 73.687 toneladas (Tn) de envases de orixe doméstica (37.640 Tn de envases plásticos, 23.781 Tn de papel-cartón, 11.566 Tn de envases metálicos e 700 Tn de recipientes de madeira).
Foto de la tercera plana (doazons.jpg) A directora da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos, ADOS, Marisa López, salientou que o pasado ano se rexistraron en Galicia 103.525 doazóns de sangue, das que 9.564 se corresponden a persoas que doaron por primeira vez. Estes bos resultados, que foron expostos pola directora na Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento de Galicia, sitúan Galicia entre as comunidades máis solidarias. Este número de doazóns permitiu dar resposta e garantir o abastecemento de hemoderivados de todos os centros hospitalarios de Galicia, en todo momento, e de xeito ininterrompido.

Notas

A Asociación de amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo que preside Ãngel Trabada, ven de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que celebraron o día 17 esta efeméride. Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halong a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
Creada para impulsar a visibilidade dos creadores máis novos, o Festival de Cans seleccionou dez curtas para a súa sección Novas Camadas, das que cinco tiveron a súa orixe na UVigo. As curtas dos estudantes Juan Ares, Anxo González, Miguel Romero e Rebeca Tella e Daniel F. Filloy, xunto co traballo de fin de grao de Manu Sacoga optarán ao premio dunha sección dirixida a cineastas menores de 25 anos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES